cachondeo escribió:O COMPAÑEIRO ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO VIDA, OBRA E MILAGRES DUN SINDICALISTA.
[imageleft][/imageleft]Presentamos un boletín extraordinario recopilando as andanzas do actual presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na súa etapa de membro da Xunta de Persoal funcionario nos Servizos Centrais da Xunta de Galiza. Durante esa etapa Feijóo convocou e participou en dúas folgas na Administración Pública Galega.
Presentamos un boletín extraordinario recopilando as andanzas do actual presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na súa etapa de membro da Xunta de Persoal funcionario nos Servizos Centrais da Xunta de Galiza. Durante esa etapa Feijóo convocou e participou en dúas folgas na Administración Pública Galega.
A etapa de sindicalista de Feijóo comprende un periodo de tempo entre os anos 1988 e 1991, nos que exerceu de delegado sindical representando á Agrupación de Funcionarios Interinos e Contratados Administrativos (A.F.I.C.A.).
Neste período convulso, onde a maioría dos empregados e empregadas públicas da Xunta sofrían unha fonda precarización con respecto ao seu posto de traballo, a actividade sindical foi moi intensa. No ano 1988, Feijóo chegou a convocar dúas folgas xerais na Administración Pública Galega, unha en contra da publicación da Lei da Función Pública e outra reclamando o horario de verán
No documento que remitimos recopilamos estas e outras reclamacións que o sindicalista Feijóo reinvidicou en nome do conxunto dos empregados públicos galegos; facemos unha breve biografía crítica e tentamos sacar á luz pública o que había detrás daquela agrupación de funcionarios na que o presidente e algunhas persoaxes públicas, como o actual alcalde da Coruña, Carlos Negreira, desenvolveron funcións sindicais.
Nunha época coma a actual, coa recente aprobación por parte da Xunta da Lei de Medidas no Emprego Público, onde precisamente Feijóo se carga moitos dos dereitos que antes reclamaba como delegado sindical; e perante outros ataques á clase traballadora, como a Reforma Laboral, entendemos que é de interese facer públicos estes feitos para que a cidadanía poida valorar e decatarse de que é necesario dar unha resposta contudente perante a privatización dos Servizos Públicos e o recorte dos dereitos laborais.
FEIJÓO TAMÉN FOI Á FOLGA (PDF)
Este foro es en español de España.